Thursday 16 de May de 2024

A Coruña participa co programa Hortos urbanos no proxecto Connecting Nature


 

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, presentou hoxe no Ágora o proxecto para implantar na cidade solucións urbanas baseadas na natureza que promovan a economía circular

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, presentou esta mañá no Ágora o proxecto Hortos urbanos, co que a cidade participa no programa Connecting Nature co obxetivo de implantar solucións urbanas baseadas na natureza. O acto contou coa presenza de Dimitra Xidous, representante do Trinity College Dublin, e Adina Dumitru, coordinadora do proxecto na Universidade da Coruña e directora do Campus Sustentabilidade.

O obxectivo é “conseguir” máis natureza na cidade. É unha excelente oportunidade para que cidades tan urbanas coma A Coruña camiñen de maneira firme na súa transición ecolóxica, sinalou a concelleira, quen se mostrou moi satisfeita de poder formar parte dunha iniciativa que “serve para implementar zonas verdes na cidade, recuperando e aproveitando solares sin uso, e para buscar vías de economía circular que ademais de minimizar o impacto medioambiental, qarantan un consumo sostible e oportunidade de novos empregos e autoconsumo”.

A xornada de hoxe serviu para que se puidese avaliar o impacto social e económico do proxecto dos Hortos urbanos e analizar as vantaxes e os contras para poder adoptar novas medidas que garantan o éxito da actuación. É necesario facer un seguimento das actuacións para poder comprobar as melloras na calidade de vida dos veciños.

Tal e como resaltou a concelleira, o principal hándicap da nosa cidade é a falta de espazos verdes, pero para iso está a realizarse un estudo cartográfico para ampliar este espazo, aínda que sexa a través de convenios con particulares. Unha das posibles localizacións para estes hortos son as zonas escolares para que o estudantado teña a posibilidade de involucrarse nun proxecto que implica un compromiso co medio ambiente. O Concello,

apuntou Fontán, debe traballar agora para abrir novas infraestruturas verdes que comuniquen a economía verde coa economía azul.

Connnectig Nature é un proxecto do programa Horizon 2020 liderado poloTrinity College Dublín no que tamén participa a Universidade da Coruña xunta a outros países europeos que está financiado no 100% pola Unión Europea.

O proxecto busca promover a implantación de solucións urbanas baseadas na natureza, co obxectivo final de posicionar a UE como líder global en innovación e ser pioneiros na implementación deste tipo de solucións. As solucións baseadas na natureza pretenden mellorar a resiliencia urbana facendo fronte aos desafíos do cambio climático, ofrecendo múltiples beneficios ambientais e socioeconómicos.

No marco deste proxecto desenvolveranse varios talleres temáticos. Nesta ocasión, o taller estivo centrado no deseño do modelo de negocio para a implantación das devanditas solucións, traballando sobre como financiar a súa execución e mantemento, e como promover o emprendemento e a creación dun novo sector produtivo vinculado a elas.